Consulting Empresarial Casares

Dende Casares Asesores e Avogados desenvolvemos as actividades de consultoría e asesoramento a emprendedores, autónomos e empresas, acumulando unha traxectoria de máis de 30 anos.Contamos cun amplio equipo interdisciplinar e con experiencia, formado por avogados, economistas, licenciados en empresariais e demais eidos, o cal permítenos ofrecer un serio completo e integral.

Acompañámoste en cada proxecto buscando a optimización e a adaptación á realidade, cada vez máis cambiante

No desenvolvemento do noso traballo, partimos de valores esenciais para nós como son a seguridade, a confianza, o compromiso, a actualización formal e material na nosa labor diaria, a confidencialidade, o esforzo e o desenvolvemento das nosas obrigas, así como aspectos tan importantes e de actualidade como a igualdade e o respecto ao medio ambiente. Non como conceptos baleiros de contidos, seno como elementos fundamentais na nosa relación cos clientes.

As nosas claves son a perseverancia, o esforzo, a colaboración e a unión de persoas e proxectos.

O principal aspecto que nos diferencia é que adoptamos os proxectos e retos dos clientes como propios, buscando que a nosa labor resida no acompañamento en ditos proxectos, e evitando que o noso traballo de consultoría e asesoramento fique en orientacións estereotipadas e xerais.

Buscamos, no desenvolvemento das nosas funcións, profundizar nun coñecemento global do cliente que nos permita, sobre esa base, abordar os retos e oportunidades de mellora, así como eliminar ou limitar os riscos ou continxencias que puidesen apreciarse.

Unha empresa ben xestionada

En Casares Asesores e Avogados, temos abordado un proceso de consolidación e crecemento sostido, sobre a base dun equipo profesional e interdisciplinar que combina experiencias e novas incorporacións, e que nos fai merecedores do distintivo ARDÁN como empresa ben xestionada.

É o resultado do noso compromiso cos nosos clientes, que depositan en nós a súa confianza en aspectos esenciais e medulares dos seus proxectos, e os acompañamos nos seus retos.

Somos un equipo profesional e interdisciplinar.

En Casares Asesores e Avogados contamos cun equipo, formado por dezanove profesionais, con experiencia, e interdisciplinar, configurado por avogados, economistas e licenciados en empresariais, que nos permite ofrecer un servizo completo e integral.

Contamos con clientes en sectores clave da economía galega, como son o sector pesqueiro e a súa industria auxiliar, a automoción, sector mineiro, construción e promoción, telecomunicacións, sector hortofrutícola, vitivinícola, téxtil así como o sector servizos, e do cuarto sector, que xunto co asesoramento a empresas do ámbito público, permítenos, sobre a base da experiencia previa dos nosos clientes, abordar as especificidades propias de cada un dos principais sectores económicos en Galicia.

Contamos cunha rede colaborativa internacional, con presenza en Portugal, Francia, Reino Unido, Irlanda e Estados Unidos.

Complementamos a nosa oferta de servizos, cunha rede de despachos cos que colaboramos en terceiros países.
Isto permítenos por en contacto aos nosos clientes con profesionais cos que colaboramos habitualmente nestes mercados, e dos que temos contrastado o seu nivel de profesionalidade.
Xeramos un círculo virtuoso, que nos habilita a ser máis permeables e a fomentar nos nosos clientes, se o requiere, a apertura a novos mercados, nunha economía tan aberta como a galega.